24 de set. de 2015

VII MARCHA BTT POLAS CABECEIRAS DO ANLLÓNS

De novo, unha boa chea de Xalos nesta edición da marcha BTT dos colegas de Laracha en dúas rodas. Día estupendo, xa con sol dende primeira hora que nos permitiu disfrutar dun variado percorrido polo sur desta localidade coruñesa. O circuito empezou e acabou cuns Qm técnicos pola beira do Anllóns, sen ningún desnivel, pero revirado e cheo de raices esbaradizas que esixían ir ben atentos, sobre todo si se ía rápido. A parte central do trazado incluía unha boa chea de pequenas subidas, sendo a mais longa, a correspondente o eólico. Tamén incluía 2 divertidas baixadas, unha delas bastante pendente e esbaradiza polas pedras molladas e cubertas polo verdín típico das zoas con pouca luz solar por mor da abondosa vexetación. Esta última tamén facía presencia nunha zoa moi bonita na parte alta do circuito, onde poidemos contemplar o Anllóns no seu curso alto, que da nome a proba. Bon ambiente para finalizar, na que uns escolleron a ruta curta, e outros a longa. Bueno, algún que quería facer "fondo", aínda fixo uns Qm a maiores....

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.