16 de set. de 2015

I RUTA BTT COVA DA SERPE


Difícil misión teñen os compañeiros do clube Beteteiros Cova da Serpe, pois na súa primeira organización de unha ruta ciclista puxeron o listón moi alto. De todos é sabido que sempre hai algúns erros, pequenos ou grandes, pero por norma xeral os organizadores soen cumprir o seu cometido, pero a estos rapaces foiselles a man, deseñaron unha ruta onde non faltou de nada, trialeiras, sendeiros, pistas, pouca estrada (moi de agradecer ), etc, en resumo beteteira total, e si a eso sumamos os poucos erros que poideron cometer, e tamén o trato exquisito que tiveron tanto nos avituallamentos, como no fín de festa no marabilloso balneario de Guitiriz, fai que nunha puntuación sobre 10, lles otorguemos 11 puntos (a ver como vos superades o vindeiro ano). Unha chea de Xalos estivemos presentes nesta primeira edición (David, Esteban, Guille, Héctor, Juan, Julio, Kike, Miguel, Monky, Novás, Pablo, Roxelio e Yiyo), e todos estivemos de acordo en que foi un rutón con maiúsculas, e a Cova da Serpe deixounos boquiabertos. Con estas premisas semella que en vindeiras edicións tamén haberá moita xente da nosa peña beteteando por Guitiriz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.