

Semella que a nós o que nos gustan son as escaladas cronometradas, pero esta vez estivemos do outro lado da barreira, e dicir como participantes. A escalada ata a capilla de Breamo xá é un clásico organizada pola peña ciclista Leboreira coincidindo sempre coa Festa das Peras en Pontedeume. Este ano representando a nosa peña participaron David, Guille, Julio, Marante, Miguel e Monky, que poideron superar con éxito as duras rampas das que consta esta ascension de apenas 3 quilómetros, pero moi esixente por tratarse de unha subida moi explosiva. Noraboa a Leboreira polo seu excelente traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.