Prácticamente pechado o calendario de marchas de Estrada, celebrouse este sábado a XXVIII Xira Cicloturista Concello de Viveiro, e ata alí achegáronse Guille, Marante, Miguel, Pablo Martinez, Roberto Río e Yiyo, para percorrer os 75 qms. programados para dita marcha. O percorrido contaba con dous portos intermedios, e remate na mítica e dura subida ó mirador de San Roque. Para algúns duchas con auga quente, e pinchos abondosos, con pizza quentiña incluída.
Unha marcha bastante dura para ter tan pouca quilometraxe. Ben seguro que este clube terá representación en vindeiras edicións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.