27 de xul. de 2015

SEVEN RUTA DEL AGUA

Chegou por fín a tan esperada Ruta del Agua dos Caimanes Betanzos na súa séptima edición, tamén coñecida por Seven. Fíxose de rogar, pero non defraudou a ninguén, e baseándose no trazado da anterior con algunha variante, o percorrido foi do agrado dos mais de 700 ciclistas que participaron en este evento. Representaron a PCMX un total de 16 compañeiros, dos que cabe resaltar a actuación de Jesús Díaz Mella, acadando a 3ª praza na categoría de Master 30, sendo o decimoprimeiro no desafío, e a do grupo "festa" que contou con un total de 10 ciclistas que fixeron todo o percorrido da ruta dos 50 qm xuntos coa única intención de pasalo ben, cousa que a xulgar polos rostros de satisfacción que amosaban na chegada o conseguiron. A organización de novo estivo a un nivel moi alto, difícil de superar, o que fai sen dúbida que xá estemos esperando que chegue a Oito, xá nos tarda...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.