26 de xul. de 2015

GRAN PREMIO CANAL DE CASTILLA

Fai algún tempo, xa tiñamos gaña de acudir a esta proba, e este ano decidímonos. Con menos fondo do apropiado para cubrir os 170 Km finais que nos sairon, debido a distintas lesións que impediron adestrar no inverno, Marante e Julio, acompañados por María José, María e Abraham puxeron rumbo a Medina de Rioseco para participar nesta cicloturista con tintes de clásica. De todolos Km a percorrer, 50 deles eran sobre camiños de terra, area e grava, repartidos en distintos tramos, que chegaban a alcanzar unha lonxitude máxima continuada duns 15 Km. Para iso preparamos as máquinas equipándoas con cubertas antipinchazos de 25 e 28 mm ( aínda así pinchamos ), doble cinta no manillar e bolsiña debaixo do sillín para acumular máis reposto de neumático. A primeira parte da marcha foi controlada, por mandato da garda civil. Uns 40 Km ate Cigales, que se fixeron a un ritmo medio, sin apenas incidencias. A partir de aquí empezaban os tramos de terra, previo avituaimento e selado de pasaporte, con velocidade libre

 Como era de esperar, formáronse unha gran cantidade de grupos que lonxe de amedrentarse na terra, o que facían era incrementala súa velocidade. Era impresionante ver como tragabamos tramos de 5 Km de terra a velocidades medias superiores os 35 Km/h. Con este plantexamento, os máis de 100 Km ate Palencia pasáronse rápida e divertidamente. A partir de aquí, xa foi outra cousa; un vento frontal considerable, que unido as rectas interminables e o calor, fixeron que a maioría vaciaramolos depósitos rápidamente, co que o chegar os últimos 25 Km, que prácticamente eran de terra, xa non había case nin para dar pedais, en terreo totalmente chan !! Chegamos de novo o punto de partida como poidemos para gozar dun merecido descanso. Bos avituaimentos durante a proba, nos que se botou moitísimo de menos un nos últimos Km, xa que o calor era asfixiante e as forzas esfumáranse. O día seguinte tamén tivemos oportunidade de vela saída da marcha na súa versión retro, na que maioritariamente, ciclistas por encima da cincuentena se presentaron cas súas máquinas anteriores o 1989, os seus traxes de lá e as chichoneiras, para compretalos 66 Km, acompañados de Vespas de época e dun preparadísimo R-8. Marcha moi boa para facer en grupo, sobre todo por mor do vento e das axudas mecánicas que necesitas tribulando por ese chan castellano tan descoñecido para os que vivimos do Cebreiro para aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.