5 de xul. de 2015

CAMPIONATO GALEGO MASTER

Crónica de Kike Vázquez:
Un ano máis  e como colofón á tempada, celebrouse en Salvaterra do Miño o Campeonato Gallego Master categorías 30, 40 e 50. O pelotón de saída  formámolo uns 180 corredores. O clima ideal, con unha temperatura que rondaba os 25 graos. 
Os dous primeiros kilómetros foron neutralizados e o pouco de dar a saída, comenzan os primeiros intentos de ataque dos master 30; destacar una caída, con montonera incluida, que se saldou con varios corredores retirados. O percorrido constaba de tres voltas para os másteres 30 e 40, a un circuito de uns 30 km. Os “abueletes” 50 y 60  dábamos dúas voltas ó mismo circuito. Na primeira volta o pelotón rodou homoxéneo. No chan, voávase! Na segunda volta fíxose a selección no porto: unha ascensión de uns tres km con rampas do 10 %. 
Coronei o porto a uns 25 segundos da cabeza, co que posteriormente, tiven que ir a remolque o que restaba de carreira, finalizando quinto na miña categoría, pero muy contento e satisfeito. O meu agradecemento a todo los membros da Peña po la solidaridade demostrada nos momentos duros que vivín.
A terceira volta, definitiva para os máster 30 e 40, comenzaba con una escapada que, a poucos km de meta foi neutralizada: ó final chegada ó sprint. A organización mellorable. O final entrega de trofeos e maillots na praza do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.