4 de xul. de 2015

ADESTRAMENTO PRE-RUTA DA AUGA

O vindeiro domingo seremos mais Xalos os que estaremos presentes na Ruta da Auga en Betanzos, pero algúns decidimos, coincidindo coa Feira Medieval, achegarnos a vila brigantina e botarnos o monte a facer un recoñecemento da mesma. Unha ducia de beteteiros, acompañados de dous amigos disfrutamos da xornada que rematou con un refrixerio na propia Feira. Por parte da peña participamos David, Esteban, Félix, Guille, Héctor, Julio, Marcos, Miguel, Monky e Yiyo. Xornada sen incidencias agás algún calambre que outro debido probablemente a falta de hidratación, cousa que subsanamos rápidamente en Betanzos arrimándolle unha cuantas cervexas medievais. A resaltar o bó compañeirismo reinante durante o camiño, aderezado eso sí, con algún "pique" que outro, para romper a monotonía. Dentro de 7 días repetimos. Grazas a sección Betanzos que nos conseguiu duchas e un lugar onde gardar as bicis mentres visitabamos a feira e tamén a Marcos pola reportaxe fotográfica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.