3 de xul. de 2015

NOCTURNA CAIMANES 2015

Félix, Monky, Pablo Martínez e Yiyo, fumos os representantes da peña en ésta clásica nocturna que organizan todolos anos os Caimanes Betanzos, por certo de xeito exemplar, un dez para éles. O percorrido transcurriu pola senda da iniciación da Ruta da Auga, que consta de pouco mais de 22 quilómetros. En todo momento o ritmo de marcha foi marcado por uns rapaces e rapazas que apenas superaban os 10 anos e que nos deixaron boquiabertos coa súa habilidade para a práctica do btt coa dificultade engadida da nocturnidade, a bon seguro que o futuro dos Caimans está ben garantido. Moitas risas, algunha caída sen consecuencias e moi bó ambiente, volveron a marcar unha xornada que de seguro repetiremos en vindeiras edicións. Que viva a noite !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.