2 de xul. de 2015

GRAN FONDO ÉZARO 2015

Quique, Iván, Ferrio, Miguel, Guille, Roberto e Julio, foron os ciclistas da Peña Ciclista Monte Xalo que se desprazaron este ano o Ézaro para participar nesta xa mais numerosa marcha cicloturista de Galicia. Impresionante ambiente, que viña precedido da presencia na proba de nada menos que D.Miguel Indurain e Claudio Chiapucci, o que sen dúbida contribuiu a inscripción de 1000 deportistas. Gran organización tanto en carreira como en servicios de zona de meta, na que se contou incluso con Terio Carrera como speaker, e na que destacaba a entidade de EMESPORT. No plano deportivo, destacalas boas condicións meteorolóxicas que acompañaron a proba, que partiu do Ézaro con dirección a Muxía con ritmo comedido. O pé da Virxe da Barca fíxose un primeiro avituaimento e reagrupamento, para pasar a marcha a ser libre a partires deste punto. Como é lóxico, cada un impuxo o seu ritmo para compretar ben a ruta curta duns 100 Km, ben a longa de cerca de 140. Percorrido duro con continuos repeitos e un importante tramo chan ate Serres en Muros, onde se facía a subida máis longa; a de Paxareiras. Coroada esta, descenso moi rápido ate Caldebarcos, onde de novo tocaba pedalear no chan facento os km de aproximación a durísima guinda final da proba; a subida do Ézaro. Durísima coma sempre, no mirador do seu cume, poidemos tomar un refrixerio e sentir o orgullo de finalizar esta proba que xa se convertiu nun referente rexional. Moi ben tamén a comida final, na que estivemos cómodamente sentados, atendidos por un servicio de restaurante e vendo nunha pantalla xigante un resumo da proba. Finalizamos facéndonos unhas fotos cas estrelas do evento, que fai xa uns 25 anos, tantas veces nos puxeron de pé frente a tv cas súas actuacións, sobre todo no Giro e no Tour. Fabuloso día de ciclismo neste concello de Dumbría, que está a mostrar un apoio incondicional o noso deporte.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.