1 de xul. de 2015

LA ÁRTABRA 2015

Dani e Sebas na marcha, e Pablo Castellanos e Julio no maratón, foron os representantes da Peña Ciclista Monte Xalo nesta edición da Ártabra organizada polo ccRiazor. Ruta con saída e chegada no fabuloso enclave da explanada das Escravas, o pé da praia de Riazor, que nos levaba ate o concello de Cerceda, onde se viraba de novo en dirección a cidade herculina. Polo medio, calor, fresco nas cumbres, e moito po debido a seca das últimas xornadas. Circuito moi ciclable e rápido, pero tamén moi duro polo desnivel acumulado, onde se subían, a parte de infinidade de pequenos repeitos, os altos de Bregua, Xalo, Pedrouzo e Suevos. Bon ambiente, a pesar da cativa participación, circuito ben marcado e avituaiamentos abondosos, permitíronnos alcanzala meta na nosa cidade, xa ca posta do sol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.