Nun día solleiro e caluroso os mais pequenos, e non tan pequenos, da casa poidemos disfrutar unha vez mais dun percorrido a ritmo de paseo do estupendo paseo fluvial que rodea o río Mero dende Cecebre ata a mismísima Ría do Burgo, aínda que a nosa ruta non chega ata ese extremo. Mais de medio cento de cicloturistas démonos cita as 17:00h diante do concello de Cambre, o cual agradecemos a colaboración prestada así como a Policía Local e Protección Civil, para rematar dúas horas mais tarde diante do campo de fútbol Dani Mallo, onde se procedeu a facer un sorteo de agasallos así como tamén, logo do esforzo acumulado, aproveitar para tomarnos un avituallamento sólido e líquido. Esperamos que fose un día do agrado dos participantes os cuais agradecemos profundamente a súa achega solidaria de alimentos, que iran a parar o banco do concello para repartir entre a xente que mais está a sufrir esta xá demasiado longa crise.
A todos moitas grazas, e vémonos na IV edición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.