22 de xuño de 2015

MARCHA CICLOTURISTA AROUSÁ

Só por ver as fermosas vistas que depara o alto de Meda no monte Xiabre xá xustifica o feito de participar en esta cicloturista organizada polo CC Xiabre Galego, aínda que hai que aclarar que este tramo de apenas 3 duros quilómetros é opcional. Esta marcha transcurre prácticamente na súa totalidade controlada, agás na subida a o Monte Xiabre, onde os que teñen mais espiritú competitivo poden poñer a proba as súas forzas. Logo da subida vólvese a Carril, punto de orixe e remate da proba, para continuar ata a Illa de Arousa, onde se da a volta para volver e concluir logo de algo mais de 100 quilómetros. Prácticamente nada que obxetar a os organizadores, aínda que o tempo que circulamos controlados houberamos agradecido un ritmo mais continuado, dado o estado no que se encontraba a estrada con continuos saltos de pasos de peons, rexistros e incluso vías férreas que atravesaban a calzada o que aumentaba o risco de ter unha caída. Sirva esto como consello constructivo, porque por suposto que imos volver a participar en esta cicloturista que xá forma parte como fixa no noso calendario. De esta volta acompañados de Abraham, Ana, Carlos, María, María José e Sonia, a representación dos Xalos completouse con Julio, Marante, Monky e Roberto Pedreira.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.