21 de xuño de 2015

CLASICA CICLOTURISTA LAGOS DE COVADONGA

Crónica de Iván Bugallo
" A clásica de Lagos de Covadonga deste ano estivo marcada pola climatoloxía. O orballo durante a proba foi intermitente, con especial incidencia no alto da Tornería, acompañado de frío no caso do alto dos Lagos de Covadonga. Isto fixo que a baixada da Tornería fose moi perigosa e que ao longo da proba houbese que xogar coa roupa con frecuencia, ben fosen manguitos, chalecos, etc. Notouse positivamente que o número de participantes foi de 2.500, e non 4.000 como na edición de 2014, na que houbo incluso atascos no alto da Roballeda á altura do avituallamento. O noso clube tivo unha alta representación, con ata 10 participantes. Caben destacar as actuacións de Miguel Amado, no posto 79 cun tempo de 3h 45m, Roberto Río, no posto 200 nun tempo de 3h 57m, e Roberto Pedreira, de 294 en 4h04m. No seguinte grupo chegamos Iván Bugallo, 777 en 4h34min, Yiyo de 1004 en 4h46m e Guille 1014 con 4h46m tamén. Pola miña banda agradecer a Guille e Yiyo os seus consellos e axudas, e a Yiyo en especial agradecerlle a súa roda, que foi un ben común para Guille, José Luís e o que suscribe, he he he. Os seguintes Xalos foron José Luis Montes, 1724 en 5h21m, Fernando Novas, 1764 en 5h24m e Juan Antonio Ferrio, 1938 en 5h43m. Mención especial para o compañeiro Nico, que non puido acabar por avería, un mal que todos tememos e que tivo a mala sorte de sufrir este ano.

Felicitarvos a todos e dicirvos que foi unha gozada ver tanto Xalo no pelotón."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.