20 de xuño de 2015

TRAVESERINA 2015

 Crónica de Bruno Cardamás:
"Da ilusión a realidade, levaba todo un ano desexando participar en esta carreira. Os que me coñecen saben que a tiña na mente dende hai un tempo e que só buscaba rematala. Pois chegou o día e conseguino !!!. Non chegaba ben adestrado nin pletórico de saúde, pero as excusas non serven e cando o único obxectivo é disfrutar e acabar, o tempo e o posto é o de menos. Dicir que o meu parecer ésta é unha carreira espectacular polo ambiente, organización, implicación dos pobos por onde transcurre e dende logo o entorno !!!.
Foron 44 quilómetros con mais de 6000 mts de desnivel en 7 horas e 32 minutos, nos cuales fun en compaña de Raquel Santoveña Crespo, a cual felicito pola súa victoria en categoria senior, unha auténtica máquina !!!. Destacar que foi un finde acompañado de grandes persoas, as cuais agradezo o seu apoio contínuo, sobretodo a Christian Gutierrez, un megacrack e que si todo vai ben voltaremos a coincidir en outubro en Picu Turbina, e dous grandes bestarruzos como Borxa Lamas Lage e Danielo Orjales que se marcaron un carrerón. Non me quero alongar mais, simplemente un finde ESPECTACULAR !!!"
Que mais podemos dicir...NORABOA BRUNO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.