10 de ago. de 2015

IV ESCALADA CICLISTA O MONTE XALO

O sábado 8 de Agosto celebrouse a IV edición da Escalada ciclista, na que con 56 participantes rozamos o tope de inscripcións, o cual nos satisface enormemente de que tanto siareiro da bicicleta comparta connosco éste día tan especial. En esta ocasión o mais rápido en cubrir os 8'5 quilómetros de estrada que separan Carral da cima do Monte Xalo o seu paso por Cabrois foi Fernando Díaz Souto, ciclista dos Jarnachas de Arteixo con un tempo de 20 minutos e 23 segundos,  un resultado excelente se temos en conta que o vento non foi un bó aliado para facilitar  rebaixar o record acadado por Ramón Roel na II edición. Ciclistas chegados de toda Galicia, Narón, Lugo, Rianxo ou Marín entre outras localidades, en bicicletas de estrada, btt ou mesmo algunha histórica, intentando batir o récord, a súa marca persoal ou disfrutando da escalada, fixéronnos pasar un día do mais entretenido, tanto os membros da organización como o numeroso público que se diu cita na saída e mesmo no propio percorrido. O noso agradecemento o Concello de Carral, Concello de Culleredo, Policía Local e Protección Civil pola súa colaboración en este evento, así como a os patrocinadores (Bicicletas Brais Chas, Ciqlo Betanzos, Ciclos Quintena, Bicicletas El Patio, Mount'N'bikes, Bici Total, Bicicletas Arán, Lucespotentesparatubici e Dayfy), e por suposto os esponsor da peña ciclista, o Concello de Cambre e a Deputación de A Coruña, pois coa súa achega fan posible a celebración de este evento, que esperamos haxa cumprido coas espectativas dos participantes. Non esquecemos a axuda prestada por socios e amigos en este día tan importante para nós.
 Esperámosvos na V edición !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.