4 de mar. de 2015

V BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA


O pasado 15 de Febrero, celebrouse no concello de Vedra a V Edición da Ruta Btt da Camelia, no Concello de Vedra, tamén se aproveitou a ocasion para disputar a primeira edición do Trail da Camelia.
A ruta, de caracter cicloturista contou con 350 participantes, dos cales tuvo a presencia a P.C Monte Xalo, representada nesta ocasión por Roberto Tejedor, que se acercou ata ali para disfrutar dunha ruta de 39 km os cales foron totalmente ciclables. Ainda que a metereoloxia non parecia querer acompañar, respetou bastante ben a ruta, sen facer moito frio e soamente caeron unhas poucas gotas de chuvia.

Ainda que non era competitiva, a ruta tuvo unha saida moi rápida, os primeiros 16 km, tiñan zonas tecnicas/rapidas que discurrian por un entorno dunha paixase maravillosa, preto do rio, no que habia certas zoas humidas e de barro.
Despois de estos 16 km, chegou unha zona de bastante subida, parte dela bastante tecnica o transcurrir por unha zona humida con bastantes pedras e resbaladiza, logo de esta zona xa a ruta se volvia mais rapida ata chegar a meta.

Na meta, limpieza de bicicletas, avituallamiento e duchas, xa logo despois da merecida ducha nos reuniron a todos para tomar un bo pincho, premiar os primeiros da ruta e facer un sorteo de agasallos. 
En resumen unha boa maña de deporte, divertida, rapida e que se presta para volver.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.