O pasado 22 de febreiro celebrouse na Coruña a VII Media Maratón Coruña 21, participando en representación da P.C.Monte Xalo, os nosos compañeiros David Asenjo, e Iván Bugallo. Este último narra a continuación a súa experiencia nesta gran proba coruñesa:
Pídenme que faga unha pequena crónica da miña participación na media maratón Coruña 21. Atípico para unha peña ciclista, pero certo é que como a moitos compañeiros, gústame facer running para complementar a bici. Sinalar que xa levo varias medias maratóns e polo tanto é algo máis doado ver os problemas e os acertos da carreira.
Como sabedes, a proba transcurre pola cidade da Coruña, e este ano, por primeira vez, non constou de dúas ou varias voltas a un circuíto, se non dun único percorrido. Para min iso é un acerto. As media maratón Vig-Bay, Maralba , ou mesmo a de Ferrol, son máis atractivas por correr dunha población a outra, o que motiva máis que correr pola mesma poboación.
A saída foi desde caixóns asignados polas marcas acadadas en outras probas, pero como é habitual, moita xente non as respeta, e na saída atópanse moitos embotellamentos, pero é unha cuestión de difícil solución por parte da organización, que xa marca as cores do caixón no teu dorsal. O perfil da carreira foi chan dentro do posible, e como é preceptivo nas medias, tivo avituallamentos cada 5 kms. Todos foron mais que correctos, agás o que estaba onde o Playa Club, onde se lles ocurriu poñer Powerade en vasos de plástico lixeiros e finos. Era pouca cantidade, e entre o que cede o vaso ao agarralo, e o que cae mentras tratas de correr e beber por un vaso (foi absurdo), pódese considerar un avituallamento perdido.
Os cortes na estrada perfecto, nin un só problema co tráfico, e os xiros perfectamente sinalizados. Á chegada a meta puxeron un moi bo avituallamento, notablemente mellor organizado que o da Vig-Bay, onde cada un colle o que lle peta e hai xente que queda sen bebidas isotónicas. Na Coruña 21 usaron o sentido común. Ao chegar había catro liñas para saír da pista, e en cada unha daban unha bolsa de plástico, e según pasabas íanche dando bebida isotónica, auga, froita e pan tipo Brioche.
Votouse de menos un desconto negociado cos garaxes para participantes, como sí houbo en Ferrol. Por sona, Coruña 21 é a segunda de Galicia despois da Vig-Bay, pero para min a Maralba é superior pola fermosura do trazado (praia da Lanzada incluída) e por correrse entre dúas poboacións, O Grove e Cambados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.