.jpg)
Algo parecido se fixera no verán cun churrasco, e non podíamos menospreciar ó noso típico cocido de Antroido. Pois ben, feita a convocatoria, acuden ó punto de saída marcado no Hotel Parrillada Terranova na Regueira (Oza dos Ríos), un total de 25 bikers, sete en bicicletas de estrada, e os restantes beteteiros.
A sección de estrada parteu cara Burricios para iniciar a subida á Queimada, onde colleriamos dirección Montesalgueiro continuando pola NVI ata a Castellana, e alí xirar hacia Teixeiro. A persoa que acostuma a sair coa Peña, sabe que e ben de levar un patacón para o correspondente café, que ese día se tomou en Sobrado dos Monxes. Anque a choiva apenas se apreciaba, a sensación de irse mollando por debaixo, fixo que nos enfriaramos o suficiente como para tratar de acurtar o itinerario e así chegar de primeiros a ducha, (os que foron á mili saben do que falamos). Deste xeito en Sobrado xa encaramos por unhas carreteras que atravesando a parroquia de Vilariño, nos deixa mesmo no cruce de Présaras. Xa só nos quedaba chegar a Curtis, onde a néboa fixo a súa aparición, facendo peligrar a nosa visibilidade, e a baixada final con chegada outra vez na Regueira.
En total sairon 66 kms, en 2´50 horas. Logo na comida, anque algúns bikers non se quedaron, achegáronse os nosos familiares, facendo un total de 30 comensais que degustamos un cocido estupendamente preparado polos auténticos profesionais da Parrillada Terranova, que ademais foi amenizado por unha gran artista, Judith, que nos deixou a mais de un abraiado coas habilidades que amosou.
Esta é a crónica de un dos compoñentes da saída en estrada, a continuación móstrase as vivencias do resto do grupo que foi na ruta BTT:
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.