3 de mar. de 2015

VIDA DESPUES DE LA VIDA

O pasado sábado 28 de Febreiro, presentouse na librería Lume de A Coruña o libro "vida después de la vida" de Iván Manoel Montero. Nel narra a súa experiencia logo de un tráxico accidente no que un camión o levou por diante cando adestraba na bici con un compañeiro e que lle deixou multiples secuelas físicas. No acto  asinounos un libro para a peña ciclista no que fai fincapé en que nos momentos mais duros, rendirse pode ser un pensamento pero non unha opción. Estamos seguros que todavía nos quedan moitos quilómetros por pedalear con Iván.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.