26 de feb. de 2015

III MARCHA BTT CONCELLO DE RIANXO

Falárannos ben dela, e non defraudou. Participación moi numerosa nesta marcha da comarca do Barbanza a que acudimolos MONTE XALO; Quique, Yiyo, Guille, Pablo Castellanos, Montes, Roberto Tejedor, Sebas e Julio. Duas versións da marcha, unha delas de 48 Km, e outra, un maratón de 70 Km, cunha opción de pequenas escapatorias para os que so quixeran facer 25 Km. Ruta con moitas subidas, maioritariamente ciclables, sobre todo na súa primeira parte, cunha segunda xa con menos desnivel pero máis divertida técnicamente polas marxes esbaradizas do río. Tempo bon nas primeiras horas da mañá que trocou nunha fina e fría auga que refriou moito os ciclistas, sobre todo os que optaron pola versión longa e subiron polo tanto o alto da Muralla. Organización moi xusta para semellante cantidade de xente, pero efectiva sobre todo nos cruces con estradas que é onde está a maior parte do perigo. Ducha quente e pinchos con sorteo de agasallos para finalizar un evento que xa lles vai collendo solera a estes colegas da PC Castro Barbudo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.