"O día 22 acudín á Transgalaica celebrada en Porriño, segunda
proba puntuable da Liga Galega de Maratón.
Unha mañán soleada e moito ambiente en Porriño. A proba
constaba dun circuito ó que habería que dar dúas voltas cubrindo un total de 53 Qm con un desnivel positivo de 1800 metros.
Configurada a saída… parrilla e moita xente por diante. Unha
vez en carreira comezouse cunha longa subida na que se fixo unha criba entre os
participantes. O circuito, moi traballado con dúas baixadas técnicas e outras
dúas bastante rápidas. Moita subida e alguna zona onde poder recuperar. Moi
contento polo resultado, rematando décimo da xeneral e cuarto en Master 30.
Dicir tamén que algún
individuo ó que lle deben molestar este tipo de eventos dedicouse a cambiar
sináis do percorrido no primeiro tramo do circuito, facendo que os que sairon
na cabeza fixeran cerca de dous kms de máis.
Sinalar a boa organización da proba por parte do Club
Ciclista de la Fuente."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.