"Cara Bilbao funme para facer a tan renombrada marcha cicloturista. Presenteime na saida o domingo dia 15 xunto a ponte de Deusto , día desapacible con moitísimo frio, auga, sarabia, etc…, e dicir non faltou de nada. Saimos cara as preciosas costas Vizcaínas, Erandio, Getxo, Sopelana, Plentzia para ir pouco a pouco e entre fortes treboadas adentrándonos nos vales fondosos camiño de Urduliz , Derio e Zamudio para facer avituallamento no parque Logístico, no que prácticamente nin parei para non coller o catarro pertinente dada a molladura que levaba encima. Cara Mungia continuamos para nun ratiño encarar a única dificultade do día, o alto de Morga onde cando estaba casi no alto empezou a caer unha impresionante sarabia misturada cuns aprox. -4º cero que fixo da baixada cara Larrabetzu e Galdakao unha misión de alto risco.
Pero cando xa me empezei a achegar ata Etxevarri e subin a costa de Begoña, e vin os primeiros edificios de Bilbo as bágoas non me deixaban ver lembrando as miñas correrias de pequeño.Entramos na Gran via a eso das 12.50h, boa hora para tomar os pertinentes pintxos e chiquitos. A pesares de todo, como diría o famoso diestro IM...PRESIONANTE. O ano que ven mais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.