28/03/2015

II RUTA ROSALIANA

Organizada polo CC Padronés, o sábado 21 viu a luz a II edición da Ruta Rosaliana, que a o longo de 75 quilómetros nos levou a disfrutar dun percorrido circular con saída e chegada en Padrón. Gran parte da ruta faise rodando agrupados agás os 23 últimos quilómetros onde se abre un tramo libre que remata no alto de Santiaguiño do Monte.  Logo da entrega dos trofeos, uns pinchos puxeron a guinda a esta cicloturista que abre a tempada para os estradenses da Monte Xalo.
 Miguel, Monky, Nico, Roberto Pedreira, Roberto Río, Vasco e Yiyo foron os representantes da PCMX acompañados por dous amigos da peña, David e Jose, que compartiron con nós esta xornada ciclista, ademais de Julio que non puido participar por encontrarse mancado, pero que puxo o seu grao de area fotográfico.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.