31 de mar. de 2015

ADESTRAMENTO NO ÉZARO


Gran ruta polas terras de Dumbría con remate no durísimo mirador do Ézaro. Ate o alcalde que andaba por alí, o vernos pediunos que voltásemos o día do desafío para acompañar a Chiapucci e Indurain. Moi boa xornada, na que estamos especialmente agradecidos a Antonio Ferrio, que ademais de participar, fixo de excelente cicerone botándonos unha man importante na loxística. Sen dúbida o Concello de Dumbría, e arredores configuran unha zona excelente para calquera modalidade ciclista, á que a bon seguro voltaremos, xá sexa con desafío ou sin el. Antonio Ferrio, Kike, Monky, Roberto Pedreira e Yiyo por parte da peña, e Jose que de novo nos agasallou coa súa compaña, fumos os que nos achegamos a Ézaro, para participar en este "desafío" particular, acompañados de Julio e Marante, ambos tocados, que o non poder disfrutar de éste gran xornada ciclista, foron os nosos fieis escudeiros proporcionándonos axuda con coche de apoio e con material fotográfico. Foi un día inesquecible, no que aínda que non íamos enganados, quedounos claro a todos que a subida o mirador "é dura de carallo", pero que sería do ciclismo sin ese toque de sufrimento...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.