8 de abr. de 2015

PRESENTACION PCMX 2015

O pasado Xoves Santo a Peña Ciclista Monte Xalo fixo a súa presentación oficial de cara a tempada 2015, na que a parte das actividades relacionadas co cicloturismo, varios dos seus membros competiran tanto en probas oficiais de btt, así como na modalidade de CX, sin esquecer de cando en vez as participacións en probas de caracter popular como as carreiras pedestres. Seguindo a filosofía da peña de que cada ún faga o deporte segundo o entenda, iniciamos o cuarto ano de existencia alcanzando un número record de asociados, a os que esperamos compracer en todolos ámbitos relacionados coas actividades lúdico-deportivas. Así mesmo, un ano mais agradecemos a os nosos patrocinadores a súa achega desinteresada, que nos tempos tan difíciles que corren vainos permitir seguir acomentendo actividades que de outro xeito sería complicado levar a cabo. A Recambios Barreiro, Carpintería de aluminio El Paraguas, Electricidade Sagova, Soluciones eléctricas Soelec, Nouche instalacions frigoríficas, Cociñas e baños Montes, Bar O Cruceiro, Tenda de moda 2RSTYLE, e como non Concello de Cambre e Diputación de A Coruña moitas grazas polo seu apoio incondicional o deporte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.