7 de out. de 2014

TREPAVIÑAS (CACABELOS)

O pasado Domingo 5 de Outubro, tivo lugar en Cacabelos (León), a 3º edición da Trepaviñas,  proba deportiva composta de tres modalidades:
  • Marcha Btt cun percorrido de 45 kms.
  • Maratón de corredores de 45 kms.
  • Andarines ou corredores de 23 kms.
Na modalidade de Marcha Btt, asisteu o noso compañeiro Juán Sánchez, que nos deixa a súa experiencia vivida alá por terras bercianas:

"Unha agradable experiencia polo Bierzo este fin de semana. Acudimos á Marcha Trepaviñas en Cacabelos, donde reinou o bon ambiente. O percorrido da proba discurreu nun entorno con fermosas vistas entre os pobos e os viñedos da comarca. Moi boa Organización, que nos regalou con algún que outro avituaiamento sorpresa, véxase na foto a indumentaria dos voluntarios. Pena de avería mecánica que nos retrasou demasiado, pero que finalmente, e grazas a outro participante conseguimos pasar o corte. Así que o ano que ven, repetiremos, e xa soamente nos queda mellorar".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.