Comezou o outono, as castañas,..........e o ciclocros. Aínda parece que foi onte cando preparabamos a Íñigo Cuesta, e xa estamos metidos en fariña, ou máis ben na lama. Os veciños de Asturias foron os máis madrugadores no calendario e o domingo organizaron a MMR cxperience en Oviedo. Terreo aínda duro pero moi esbaradizo no que os cxmen/women poideron dar as súas primeiras pedaladas competindo. Pola Peña Ciclista Monte Xalo, Andrés Calvete fixo o propio na categoría M30. Destacala numerosísima participación en todalas categorías de máster con parrillas ateigadas de corredores en idade de veteráns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.