29 de set. de 2014
CAMPIONATO DO MUNDO DE CICLISMO 2014
Ponferrada foi esta pasada semán parada obligada para todolos amantes do ciclismo, pois polas súas rúas transitou o campionato do mundo nas diferentes categorías. O plato forte serviuse o domingo coa disputa do fondo en estrada, no cual se atopaban case que todolos mellores ciclistas do planeta.Varios fumos os membros da Peña Ciclista Monte Xalo que nos achegamos ata alí, dado que era unha ocasión única que non podiamos deixar pasar. A destacar foi a boa actuación da selección española, que a o longo de toda a proba desenrolou un gran traballo para que un excelente rematador final como é Alejandro Valverde, poidera colgarse a medalla de bronce, que engrandece si cabe aínda mais a un dos mais laureados ciclistas españois, avalada polo labor incansable dos compañeiros, e sen dúbida de Purito que co seu ataque na derradeira subida destrozou o pelotón, deixando os sprinters sen opcións de triunfo final. Enorme o ambiente de ciclismo que se respiraba en Ponferrada, en donde a pesar do mal tempo que reinou en gran parte da proba, a xente enchía literalmente as zonas de meta e a subida o castelo. Foi a marxe do bó resultado final, un día para non esquecer.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.