Tres foron os representantes da PCMX en esta marcha cicloturista, Estíbaliz, Guille e Pablo Mártinez. Estas son as impresions de Pablo de esta proba deportiva:
"Cheguei pronto, a pesares da chuvia en gran parte do camiño, aínda que logo apenas caeron algunas gotas, pero tardei un rato en atopar o polideportivo, pois había que cruzar a ponte. O final Estíbaliz e Guille tamén estiveron entre os 94 participantes. A rota comezou a bó ritmo e na segunda rampa xa vin que tiña que reservar, xa que ía avisando da sua dureza e con boas rampas o final. Así que dende as posiciones mais retrasadas fixen algún amigo co que fun casi ata o final onde demarréi para non chegar tan retrasado. Avituallamentos moi abondosos e pinchos tamén o remate. A pesares de levar a máquina en proceso de construcción e de ir tocado do nocello, creo que cheguei bastante enteiro, veremos mañán.
Recomendado estar en boa forma porque foi un subebaixa continuo e parte importante do percorrido con asfalto ondulado o que impediu apurar en casi todas as baixadas. As vistas de Viveiro dende o alto do mirador de San Roque espectaculares e a sua subida tela.."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.