15/09/2014

VUELTA CICLISTA A ESPAÑA 2014

 Non podía ser de outro xeito, e como fieis siareiros das dúas rodas estivemos presentes nas etapas nas que a volta percorreu a nosa comunidade, animando sen restriccións a todolos ciclistas, do primeiro o derradeiro, que o longo de tres semans deixáronse a pel defendendo as súas cores por toda a abrupta xeografía española. Resulta estremecedor ver a éstos superdeportistas levando os seus corpos o límite do sufrimento, aínda que os seus salarios distan enormemente dos de outros deportistas, que a maiores poden enmascarar as suás dores con infiltracións, algo que no ciclismo é doping... que inxusto¡¡¡. O dito, noraboa a todos, en especial a esos catro monstruos do ciclismo que nos deixaron sen alento ata a mesma praza do Obradoiro: Contador, Froome, Valverde e Purito. Que grande é este deporte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.