Sendo Becerreá o punto estratéxico de saída e chegada, varios membros da peña ciclista fixemos un par de roteiros por esta fermosa zona, uns por estrada e outros en btt. Ata alí nos desprazamos Guille, Marante, Miguel, Monky, Pablo Castellanos, Pablo Martínez, Roberto Pedreira, Roberto Río, Roxelio, Yiyo e Alfonso un amigo da peña que se sumou a nosa actividade beteteira. Tamén nos acompañou Julio, que debido a unha pequena lesión, fixo a escura e impagable función de coche de apoio. Os estradenses, que tiñan por diante 120 quilómetros, partían cara a Os Ancares por Navia de Suarna para subir varios portos, a primeira ascensión foi Serra Morela para logo atacar o xá mítico Pan do Zarco, cima dende se descendería ata Suarbol, lugar onde se inicia unha sucesións de durísimos repeitos deixando atrás localidades como Piornedo, Donis ou Degrada, enlazando despois con Pontes de Gatín, punto onde se cruzaban ambos roteiros, e finalmente Becerreá. Os beteteiros fixeron un roteiro circular entorno a esta localidade lucense de uns 50 qm. onde precisamente non predominaba o terreo chan, tendo que superar rampas de subida e baixada cercanas o 30% de desnivel, aínda que eso sí, nun entorno privilexiado, onde hai que reseñar a amabilidade das xentes do lugar que en todo momento axudaron cando o gps "perdía" a cobertura. O remate dos roteiros, ambas formacións nos xuntamos na piscina municipal amablemente cedida polo Concello de Becerreá para as duchas, e para dar conta das excelentes viandas que nos serviron nun restaurante local, onde estradenses e beteteiros intercambiamos impresións, pois case todos somos practicantes de ambas modalidades. A pesar de que o día recibiunos con unha espesa brétema, éste foi espléndido, e todos disfrutamos de unha xornada que probablemente nun futuro non moi lonxano repitamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.