22 de ago. de 2014

CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBRE

Dentro das múltiples actividades nas que participamos os compoñentes da peña Monte Xalo, despois do ciclismo unha das nosas favoritas son as carreiras populares, e no marco de ésta disciplina estivemos presentes o pasado sábado 15 de Agosto na que se celebraba no Concello de Cambre, o que pertencemos dende a nosa fundación, a cual xá vai pola decimoquinta edición, sendo xá un clásico e un referente na comarca. Polo incomparable marco do paseo fluvial, onde tamén se desenrola a Senda do Mero, e nun percorrido de 7'5 quilómetros, o último con toque de dureza, disputouse esta proba deportiva que entre as diferentes categorías xuntou a preto de 600 participantes, entre os que nos atopábamos Estíbaliz, Iván Bugallo, Julio Brandariz, Pablo Martínez, Monky e Yiyo representando a peña ciclista e queimando a dose correspondente de zapatilla, actividade que por certo día a día suma mais número de adeptos. De seguro que por bonita, ben organizada e por ser na casa, ésta para nós e unha proba deportiva de obligada asistencia. A pola decimosexta...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.