Tradicional marcha xa na zona de Carballo, organizada polo club da vila, o CC Monteneme. A ruta consta de 45 km cun perfil medio coa interrupción da temida subida o Monte Neme, 4 km de ascensión no que se pasa do nivel do mar (Praia de Razo) a máis de 400 metros de altura cun desnivel medio do 8%. Baixada bastante técnica por mor dos estreitos caminos cheos de pedras e ramas. En resumo, unha ruta cun perfil variado e que sen dúbida se repetirá, se acompaña o tempo, porque non imaxinamos subir ese monte chovendo e con frío. 3 representantes da peña acudimos a BTT. Sebastián González, Daniel Paredes e Jose Luis Montes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.