26 de maio de 2014

IV RUTA BTT TECE CEDEIRA


Crónica do noso compañeiro Pablo Castellanos da súa experiencia na btt terras de Cedeira, acompañado de Pablo Martínez.: "Aínda recuperándonos da gran ruta de onte polos montes de Cedeira, xá pensamos en voltar o vindeiro ano. Os dous Pablos da Peña fumos a disfrutar de esa paz, de esas sendas técnicas polo esbaradizas que estaban e solitarias nos montes da Capelada. Espectaculares vistas e descensos vertixinosos, pero o mellor sen dúbida os bizcoitos do avituallamento. Grazas a Rafa de Mont'N Bikes polas invitacións e tamén a Adolfo, e o Clube Ciclista Punta Candieira, pois sen a vosa colaboración sería inviable a miña asistencia a ruta. Vémonos na vindeira edición". Pola súa banda Pablo Martínez comentou o seguinte: "Dura non, o seguinte, sobre todo pola humidade do terreo. A ruta bonita i esixente, a zona do bike park, estivo moi ben". De seguro ambos repetirán en posteriores edicións, se cadra acompañados esta vez de mais Xalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.