3 de xuño de 2014

G.P. BTT CONCELLO DE CAMBRE 2014


Velaí quedan as impresións do noso compañeiro Jesús Díaz Mella do Gran Premio Btt Concello de Cambre celebrado o pasado sábado, onde acadou un mais ca meritorio 8º posto:
"Segunda carreira e desexando que chegue a terceira !!!. Só sinto non poder acudir a todas as demáis, nunca pensei que me gustaría tanto competir...
Ó chegar ó circuíto, a inscribirse e volta de recoñecemento para ver por onde abordar algunhas das zonas do recorrido que oíanse rumores  na zona de inscripcións que había zonas complicadas.
A saída nesta ocasión foi moi mala, elexín mal sitio para colocarme e perdín tempo nos primeiros metros.
Circuito, o da casa, moi divertido nas baixadas e trialeras e moi sufrido en algunha que outra costa, sobretodo conforme pasaban as voltas. As sensacións moito mellores que en Arteixo, máis preto dos primeiros a pesar de obter unha peor clasificación.
Felicitar o Club Ciclista Cambre pola organización, a fluidez, a puntualidade e todo o traballo levado a cabo para poñer á disposición dos participantes un circuito tan duro e divertido ó mesmo tempo.
Agradecer novamente ós ánimos dos colegas e dos membros da Peña que se desprazaron ata alí.
En Oleiros intentaremos facelo mellor!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.