25 de maio de 2014

CLASICA ALVARO PINO 2014


 Con un nutrido grupo de figuras do ciclismo, i en homenaxe a Miguel Indurain, celebrouse en Ponteareas unha nova edición da Clásica Alvaro Pino. En representación da PC Monte Xalo, estivemos Guille, Kike, Miguel, Monky, Roberto Río e Yiyo. Todos optamos por facer o percorrido longo que constaba de 136 qm con un perfil moi quebrado, onde cinco portos de montaña poñían a proba os mais escaladores, destacando sobre todos o Alto de Oroso, con 3 quilómetros finais realmente duros, con rampas que se achegaban o 20%, e quedando todavía 50 qm a meta, o que tamén facía de este perfil tan duro, un exercicio de resistencia. Como xá ben sendo habitual, a organización rozou a perfección, na marcha mais importante por estrada de Galicia, como así demostraba os seus mais de cincocentos participantes, algo normal si temos conta que Ponteareas e o seu entorno, e berce dos ciclistas mais renombrados da comunidade galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.