Organizada pola Asociación Castelo Deporte, celebrouse o 17 de Maio, coincidindo co día das Letras Galegas, unha marcha cicloturista polos arredores do Monte Xalo en homenaxe a Miguel Manteiga, ilustre ciclista cullerdense, nado na propia localidade de Castelo, lugar de onde partía e remataba esta proba deportiva. Este evento arrancou pasadas as 10 de mañán, con mais de un cento de beteteiros dispostos a disfrutar dunha xornada solleira e ideal para a práctica do ciclismo. O perfil non era o mais apto para noveles, pero abofé que aqueles que xá levamos uns aniños dándolle a esto dos pedais gozamos coma nunca do intachable percorrido, duro eso sí, pero perfectamente traballado pola xente do Castelo Deporte, que sinalizaron con precisión suiza o percorrido, e que traballaron de arreo nel, que tamén nos dimos conta, pois os camiños, non cansamos de repetilo, estaban impecables. Entre os participantes aparte do propio Manteiga, estaban superclases como Ezequiel Mosquera, Gustavo Veloso, Gonzalo Rabuñal, e Pedro Nimo. Tamén andaban por alí Marcos Pereiro, participando e Xosé Antonio Touriñán colaborando, populares actores da TVG. O remate nos agasallaron os participantes con un abondoso e saboroso churrasco, que lle poñía a guinda a unha xornada perfecta... era visto ¡¡¡
. Pola Monte Xalo estivemos presentes Guille, José Luis, Julio, Monky, Pablo Martínez, Novás e Yiyo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.