7 de ago. de 2013

II ESCALADA CICLISTA A Ó MONTE XALO

Sábeno ben todolos que teñen que organizar algún evento de estas características, ben sexa unha marcha cicloturista por estrada, btt, escalada ou mesmo o día da bicicleta. Son moitas horas dedicándose a pedir os permisos pertinentes, a poñerse en contacto con todolos organismos oficiais, coordinar a moita xente e tratar de non deixar nada o azar, para que o día sinalado todo saía ben. A maiores, a nosa preocupación mais grande era a seguridade dos ciclistas, pois resulta inalcanzable para nós, conseguir cortar o tráfico dos 8 quilómetros da escalada. En principio, todo estaba preparado, pero un inconvinte de última hora fixo que tivésemos que retrasar o comenzo da escalada case 20 minutos sobre o horario previsto, pero logo todo se desenrolou con toda normalidade. Non tivemos que lamentar ningún incidente, o día foi espléndido para exprimirse  no Xalo, ou simplemente para disfrutar da subida, e polo que nos transmitiron moitos dos participantes, a xente pasouno ben, que era o principal obxectivo. Se de verdade o conseguimos todo o esforzo anterior terá valido a pena. Agora toca pulir defectos, e pensar xá na III edición que xá está a volta da esquina. So queda dar as grazas a todolos que nos axudaron, patrocinadores, socios, particulares e organismos oficiais, que fan que esta proba deportiva poida levarse a cabo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.