19 de ago. de 2013

XVI MARCHA CICLISTA A FERROLTERRA

O pasado domingo 11 de agosto celebrouse a XVI Marcha Ferrolterra, e como non podía ser menos, a Peña ciclista Monte Xalo tivo presencia nela.
Abraham, Niko, Pablo Martínez, Roberto Andrade, Roberto Río e un servidor, fomos os que nos achegamos a Ferrol para tomar saída nesta marcha neutralizada con dous tramos libres. Marcha que nos leva polos montes da Serra da Capelada, onde o forte vento, característico nese lugar, e a densa néboa, non deixaron disfrutar das paisaxes e dos cantís de san Andrés de Teixido. A nota negativa protagonizouna unha grave caída que sufreu un participante na baixada do Mirador dos Carrís. Neste senso temos que facer un chamamento a que debemos poñer máis coidado nestas probas, e non arriscar de máis, posto que a maior parte de nós, non vivimos do ciclismo, e esta persoa poido quedar inválida por mor da caida.
Polo demáis, e como ven sendo de costume nesta marcha, demasiadas paradas para reagrupar a xente, cousa que non gusta moito, pero ó ser neutralizada vexo que e a única forma de poder controlar un evento de estas características. O remate os que tiñamos pagado, pasamos a comer no restaurante da Feira de Mostras, onde  a base de espaguetis e xamón asado, recuperamos as enerxias que perdemos nos 132 kms. que saíron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.