24 de ago. de 2013

PEDALADAS PARA EL RECUERDO.


Baixo o lema de "pedaladas para el recuerdo", en homenaxe as víctimas do accidente ferroviario de Angrois, celebrouse onte en Vilanova de Arousa, a etapa previa o inicio da Volta Ciclista a España adicada os cicloturistas. Con un despliegue de medios espectacular, sorprendeu a propios e extraños, a mala organización da mesma, na que nós sufrimos en carne propia as consecuencias. Un dos nosos cicloturistas botou hora e media esperando na estrada o coche escoba, que non apareceu por ningures, e coches da propia organización se negaban a levalo ata o remate, pois non podía continuar por avaría mecánica, algo inaudito. O final conseguiu chegar ata Pontevedra onde tivo que abonar o importe de un taxi que o levase ata Vilanova.

Parece ser tamén que aqueles que viñan na parte traseira da marcha, xá non atopaban a sinalización existente, que foi retirada de xeito inmediato, co cual houbo extravíos, e xente que non chegou a ver a festa final, pois invertiu mais de cinco horas no percorrido. Neste aspecto, e pedindo disculpas os homenaxeados, estas foron pedaladas para non recordar, pois calquera clube da zona, onde fan marchas cicloturistas espectaculares, nunca deixaría tirados os cicloturistas, nin tan siquera a aqueles os que non lles importa invertir sete ou oito horas en percorrer os 130 quilómetros dos que contaba esta proba, que a maiores contaba con un perfil bastante rompepernas. Os organizadores fixeron bó o dito de que o que mal empeza (a confusión previa que houbo entorno a retirada de dorsais), mal acaba. Damos as grazas os compañeiros do C.C. Riazor por estas instantáneas que nos sacaron no control de firmas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.