Como desde a Marcha a Ferrolterra, algúns integrantes da Peña, non
volvemos a facer ningún adestramento de fondo, e para sondear a ver como estabamos de forma, decidimos facer o percorrido da derradeira edición da Volta as Mariñas que organizou o C.C. Riazor.
En dita edición non participei, estiven de público, pero onte sentin nas miñas pernas, a dor que sufrían os participantes nas rampas do Xalo, levando xa 100 kms. de un terreno máis que rompepernas.
Como saímos as 4 da tarde de Coruña, déronnos as 8 na cima do Xalo, polo que decidimos baixar outra vez hacia Carral, e uns polos campos de fútbol do Dépor, e outros por Cecebre, fomos recollendonos, pois a noite botábasenos enriba.
Abraham, Kike e un servidor saimos de Coruña, e en Betanzos uneuse Guille, Miguel e Yiyo.
Unha tarde de ciclismo en boa compañia, facendo os deberes, para posiblemente a última marcha da temporada, a dos Puertos Esmeralda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.