18 de set. de 2013

SEMANA EUROPEA DA MOVILIDADE


A Semana Europea da Movilidade e unha campaña sobre a movilidade urbana sostible, coa que se pretende concienciar a toda a sociedade sobre a importancia que para o medio ambiente supón o uso dos medios de transporte máis sostibles nos desprazamentos máis habituais, a pé, na bicicleta ou no trasporte público.

O Concello da Coruña súmase á celebración desta edición 2013 coincidindo coa elaboración do PMUS (Plan de Movilidade Urbana Sostible), e co obxetivo de contribuir a reflexión e a participación de todos no PMUS., e a concienciar os cidadáns sobre a repercusión que as súas decisións de movilidade teñen sobre a calidade do aire, o medio ambiente e a calidade de vida en xeral.
O programa de actividades consta de tres percorridos a pé, "Camiña Coruña" con saida de distintos barrios da cidade, e chegada ó Obelisco. E de tres percorridos en bici "Pedalea Coruña", con saída neste caso de distintas estacións de Bicicoruña e chegada tamén no Obelisco, onde hay montada unha carpa do PMUS.
A Peña Ciclista Monte Xalo sumouse a esta iniciativa, na que se pretende concienciar os vehículos de motor para que asuman que os ciclistas tamén formamos parte do tráfico rodado.
Máis información en: http://www.coruna.es/servlet/Satellite?/servlet/Satellite?c=Page&pagename=Movilidad/Page/Generico-Page-Generica&cid=1369098952393#&panel1-1
No facebook: https://www.facebook.com/pmusacoruna

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.