19 de set. de 2013

EXCURSION A ASTURIAS, VOLTA CICLISTA E PUERTOS ESMERALDA.


Acompañados das nosas familias, o sábado 14 subimos ata o mítico e infernal Angliru para ir a ver a etapa da Vuelta Ciclista a España. Estivemos un pouquiño mais arriba de Viapará, onde as rampas xá teñen un desnivel cercano o 20 %, para poder disfrutar do paso dos profesionais do pelotón, que unha vez mais voltáronnos a deleitar co seu esforzo, que dende o noso punto de vista ridiculiza o de outros deportes mais elitistas. Foi un espectáculo sensacional con un desenlace que nos tivo en vilo ata o derradeiro minuto, e que engrandece a figura de ata o ciclista que ocupaba a cola do pelotón.
Logo de facer noite en Asturias, o día seguinte 13 socios da peña participamos na clásica cicloturista que ano tras ano vense celebrando en Nava con éxito de participación, Los Puertos Esmeralda.
Abraham, Angel, Estíbaliz, Julio, Kike, Marante, Miguel, Monky, Nico, Novás, Pablo, Roberto Andrade e Roberto Río, compuxemos a grupeta de participantes. O percorrido de 117 quilómetros levounos pola comarca da sidra que transitou entre outras localidades por Villaviciosa, Lastres ou Colunga. O remate conquerimos o trofeo o grupo numeroso mais lonxano.
Tendo en conta que as previsións meteorolóxicas non eran as mellores, e que non sufrimos en ningún intre os rigores do clima, e que por riba rematamos todos a marcha sen ningunha incidencia, incluso con varios dos nosos en postos altos do pelotón, consideramos que foi un fin de semán excelente, como non podía ser de outro xeito en Asturies.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.