Catro integrantes da Peña Ciclista
Monte Xalo (Nico, Roberto Río, Roberto Andrade e Kike) acudiron á marcha
cicloturista organizada pola Peña Lar de Viveiro.
Ás 12:15 horas saímos cara Viveiro
dende Cambre co día anubrado, chegando sobre as 14:15 horas a Viveiro. Logo de
recoller os dorsais e tomar a nosa dóse
de cafeína na Praza Maior e despois de recoller o exciclista vivaerense
Alejandro Paleo, e os agasallos pertinentes, dispuxémonos a afrontar os 75 qm
do percorrido. Os primeiros 40 qm foron neutralizados, rodando en “grupeta” os
aproximadamente 100 participantes. Logo “lume que te criou” ata a meta. Polo
medio dous bos portos coas súas correspondentes baixadas e unha subida final ao
alto de San Roque con rampas do 20 %. Final feliz sen incidentes e cervexa
recuperadora para afrontar a viaxe de volta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.