27 de set. de 2013

XI RUTA BTT SERRA DO XISTRAL, MONSEIVANE

Ás 07:30 da mañá do domingo 22 de setembro, Roberto Andrade e Kike saíron cara Vilalba para tratar de terminar a marcha BTT organizada polo clube ciclista Vilalba-AS Pontes: e dicimos terminar xa que o día anterior nos metimos os 75 qm da marcha en carretera de Viveiro.
Durante o camino decidimos facer a ruta curta (45 qm) polo subliñado con anterioridade. As 09:00 horas escomenzou a marcha. O día estaba anubrado e as previsións eran de moita calor ao abrir o día. Os primeiros qm transcurriron con normalidade ata que Kike deu cós osos no chán (esta caída afectouno durante toda a xornada) De ahí ata o final rodouse de maneira tranquila ata o avituallamiento: alí esperábanos a cervexa, o bolo preñado e un sinfín de larpeiradas que, sinceramante, non daba ganas de continuar coa marcha. Dende ahí ata o final terreo chan e algunha trialera compricada. Nalgun treito final con algunha rampa, sobrepasáronse os 45 qm/h. O final comida estupenda nun restaurante cercano e volta para casiña a descansar e curar as feridas de “guerra”. O ano que ven, VOLTAMOS!!!!!!

A nosa noraboa ao Clube Ciclista Vilalva- As Pontes pola magnífica organización. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.