27 de xuño de 2013

SIX RDA, VI RUTA DEL AGUA.


Dende o momento en que saímos de Betanzos, so tiñamos en mente unha cousa: disfrutar. E abofé que o fixemos, nin miramos a clasificación, nin o tempo invertido, nin ningún outro condicionante, a idea era completar a ruta da auga sen contratempos. Así foi, rodando xuntos todo o camiño, esperando uns por outros, contándo contos, ríndonos e incluso cantando, discurriron os 50 quilómetros de este entorno envexable. Contribuiu en grande medida o esforzo da organización en marcar perfectamente o percorrido, en dar un excelente avituallamento e por todo o traballo anterior e posterior a unha cicloturista, que nós ben os sabemos, é moito e tamén rouba demasiado tempo, por todo esto só queda darlle un 11 sobre 10 os compañeiros Caimans.  Cando chegamos a meta celebramos a nosa victoria particular, que foi a do compañeirismo, que a o noso entender é a pedra angular do cicloturismo, tal e como nós o entendemos. Logo co "traballo virao", fixemos a ruta da cervexa e o Rock 'n Bike, sen movernos de Betanzos, en definitiva, unha xornada redonda. Xá nos tarda a SEVEN...
FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.