27 de xuño de 2013

CLÁSICA ÁLVARO PINO 2013


Esta foi a media de tª rexistrada durante o desenrolo onte da Clásica Alvaro Pino de Ponteareas. A máxima de 41ºC incluso foi superada en algún momento, a hora que pasaron os últimos participantes polo alto de Fontefría ( o do toro de Osborne ). A dureza da marcha dos da TeaSestelo, viuse desta volta incrementada superlativamente polas temperaturas extremas nas que foi disputada. A sempre exemplar organización viuse superada pola falta de auga para os ciclistas nas cimas dos portos. A cantidade de litros que se consumiron por parte de ciclistas, moteiros e organización tivo que ser impresionante, e que a cousa superou incluso as previsións meteorolóxicas que xa anunciaban moita calor. Polo demáis, o mesmo ambente e boa atención de sempre, no que xa se convertiu na mellor marcha galega de estrada, e unha das de referencia a nivel nacional. Moitos participantes, encabezados polo, nesta ocasión homenaxeado, Ezequiel Mosquera, completaron os percorridos curto ( 105 Km ) e longo ( 130 Km ) cun mérito especial polas durísimas condicións. Os compoñentes da PC Monte Xalo; Estíbaliz, Pablo, Roberto Río, Roberto Andrade, Marante, Quique, Yiyo, Miguel e Julio, cada quen no circuito escollido, tamén dirón conta dela, pillando un moreno tostado impresionante e bebendo case o seu peso en líquido. Creo que algún en 2 ou 3 días seguirá recuperándose con auga e non quererá vela bici, pero conforme pasen as horas voltaran a collela para preparalas seguintes e abondosas probas que se achegan.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.