Nas Pontes o 23 de Xuño de 2013, as 9:30 horas de unha mañan fresca e amenazante de orballo, dispóñense a tomar a saída sete membros da P.C. Monte Xalo.
Abraham, Miguel, Nico, Roberto Andrade, Roberto Río, Yiyo, e un servidor, eramos os inscritos neste desafío. Un par deles, fieis asiduos a esta marcha, e outros totalmente descoñecedores do que nos esperaba nela.
Saída neutralizada, pero a un ritmo moi vivo, dirixímonos a Pontedeume. No momento que liberan a marcha, atopámonos no medio do pelotón, Abraham, Roberto Andrade e máis eu (o resto dos integrantes estaban situados máis na cabeza), cando nun repeito da localidade de Goente, apretamos os dentes para non descolgarnos, e produciuse un corte xusto detrás de nós, agarramonos como poidemos e sobrevivimos no primeiro grupo (que gusto verse ún no medio de tanto nivel), incluso se podían observar intentos de escapadas. Descenso vertixinoso a 70 por hora cara a Cabañas, acadando en Pontedeume unha media de 37 km/h.
Un bo traballo feito, ahora toca regular, e esperar a que non nos pase factura o que traemos de atrás. A subida a Monfero e coñecida por nos, polo que non se fixo dura, anque a subimos a bon ritmo. De Monfero a Irixoa o demo nos fixo a Abraham, Roberto A. e máis eu, intentar ir con un grupo que nos levaba co gancho, ata que tomamos a sabia decisión de deixalos ir. De Irixoa en diante, e terreo descoñecido para min. Todos eran altos, Alto de Tal, Alto de Cual, non daban tregua algunha.
Por fin chegamos as Pontes. Imos ver se non subimos o Caxado a gatas, (pensaba eu prácticamente vacío). Aparecen os primeiros repeitos, anque ten zonas de descanso, que che deixan un respiro para continuar, cando escoito as gaitas. ¡Gaitas! só me lembraba do que dicía Miguel (o gaiteiro está nunha rampa durísima), e vaia se e dura, pegaba uns chepazos que case batía a cabeza no manillar, pero o peor e que pasados os gaiteiros aquelo tiraba pa riba aínda. Unha vez que saes á carretera xeral, pestosa, báteche o aire e non te moves nela, xa podes ver o que se parece á Bola do Mundo das Pontes. Queda menos, polo menos podes ver onde vas acabar. Non si antes tomar o desvío á esquerda que nos pon cara unha rampa infernal, con un par de curvas máis.
Xa está feito. Agardando estaban o resto dos integrantes da Peña e mais as familias de Miguel e de Yiyo.
Duchas reconfortantes e comida abondosa, a base de ensalada de pasta, churrasco, chorizo, e xeado de postre.
Agradecer ó CC Vilalba- As Pontes, polo ben que nos atenderon e organizado que tiñan todo. Tamén ó membro do CC Riazor, Javi Lareo, que tanto nos Lagos como nesta marcha, nos sacou unhas fotos excepcionais.
FOTOS
FOTOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.