25 de xuño de 2013
1º DUATLÓN CROS CONCELLO DE ARTEIXO
Como non podía ser doutro xeito, chegou a 1ª victoria oficial da PC Monte Xalo. Estíbaliz García gañou o pasado sábado o duatlón cros de Arteixo na modalidade féminas de Supersprint ( 3-8-3 Km ) Tarde con lixeira choiva, pero sin excesivo frío, polo que unha vez metidos no circuito, case se pode dicir que estaba idónea o eliminar a posible polvareda dos circuitos de patear e btt. Circuitos moi atractivos ambolos dous, que sen ser excesivamente técnicos, facíanse máis duros do que a priori se pensaba. Moi boa afluencia e ambiente, na que tiveron unha proba previa moi vistosa para os peques, para continuar ca que gañamos, e finalizar ca de Sprint ( 6-24-3 Km ) na que tamén participamos, completándoa sen incidencias. Boa modalide esta do duatlón cros, na que a btt permitenos os ciclistas recuperar bastantes posicións das que perdemos a pé, polo que a motivación é extraordinaria. Agradecer a Yiyo, que desta volta veu de espectador a proba, os ánimos que nos deu dende a súa bici ( perfectamente ataviado de Monte Xalo ) e as magníficas imaxes que poido tomar das nosas evolucións sobre o empedrado, e que podedes ver no enlace abaixo.
FOTOS
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.